domingo, 23 de mayo de 2010

Montaxe final



A montaxe final inclue os 4 clips mais importantes e representativos do tema que escollín. Non botei man da música nin de ningún tipo de efecto porque considero que o tema non da pe a facelo, o que interesa son os sons naturais e ver como se producen.

lunes, 10 de mayo de 2010

Refugallos



O ser humano é un refugallo con patas...

lunes, 3 de mayo de 2010

domingo, 2 de mayo de 2010



A nosa percepción das cousas cambia completamente dependendo de si as vemos ou non... Que é mellor o día ou a noite?

domingo, 25 de abril de 2010

Sensación volcánica truncada



Burbullas, calor, calor, calor e mais calor. A pequena Betty espagueti ollaba o magma volcánico cada vez máis preto aproveitando que toda a familia gozaba das fermosas vistas que alí se divisaban. Cada paso que ela daba convertíase nun sorriso máis esaxerado.
A súa nai dixera ben claro que non se afastara dela, pero aquelas burbullas incandescentes parecían hipnotizala. Mamá espagueti pronto se decatou de que Betty estábase achegando perigosamente a aquel límte prohibido, así que, sen esperar un instante, toda a familia foi na súa procura. O que eles non sabían, era que aquelas burbullas e aquel vapor tiñan a fama de perturbar a mente de todo espagueti que atopase por diante, ninguén que se adentrara alí conseguira voltar con vida para contalo. Betty, sen darse conta, xa caira no engano e, para cando a familia quixo dar marcha atrás, xa era demasiado tarde. O calor infernal, o vapor e as burbullas foron desfacéndoos pouco a pouco lenta e dolorosamente. Aquelas vacacións, que se estaban convertindo nas mellores ata o momento, foron as derradeiras.

domingo, 18 de abril de 2010




Hai algo máis clásico que cantar na ducha? Que é o que che arranca a facelo, a propia auga?. É curioso ver como o simple feito de xirar a billa do auga transforma á xente. Será o vapor da auga que che fai sentir como en "Menudas estrellas" o saíres da ducha?. Non o sabremos nunca...

domingo, 11 de abril de 2010



Sonido curioso y repetitivo cual tic-tac del reloj. Quien diría que esa pastilla está luchando por evitar ese infierno de cuchillos y espinas que es el agua...

Como pastillas efervescentes nos desintegramos. Ellas nos calman a nosotros, pero... ¿Quién las calma a ellas?