domingo, 25 de abril de 2010
Sensación volcánica truncada
Burbullas, calor, calor, calor e mais calor. A pequena Betty espagueti ollaba o magma volcánico cada vez máis preto aproveitando que toda a familia gozaba das fermosas vistas que alí se divisaban. Cada paso que ela daba convertíase nun sorriso máis esaxerado. A súa nai dixera ben claro que non se afastara dela, pero aquelas burbullas incandescentes parecían hipnotizala. Mamá espagueti pronto se decatou de que Betty estábase achegando perigosamente a aquel límte prohibido, así que, sen esperar un instante, toda a familia foi na súa procura. O que eles non sabían, era que aquelas burbullas e aquel vapor tiñan a fama de perturbar a mente de todo espagueti que atopase por diante, ninguén que se adentrara alí conseguira voltar con vida para contalo. Betty, sen darse conta, xa caira no engano e, para cando a familia quixo dar marcha atrás, xa era demasiado tarde. O calor infernal, o vapor e as burbullas foron desfacéndoos pouco a pouco lenta e dolorosamente. Aquelas vacacións, que se estaban convertindo nas mellores ata o momento, foron as derradeiras.
domingo, 18 de abril de 2010
domingo, 11 de abril de 2010
jueves, 1 de abril de 2010
Gracias a unha excelente idea que me deu Sarai, vou tratar nos próximos clips, ou nos máximos posibles, de centrarme nos sons que produce o auga e o que estes provocan en nos. Neste caso, boto man dun dos sons que provoca en min maior número de sensacións, a chuvia. Trátase pois dun son que é capaz de cambiar o meu estado de ánimo ó escoitalo ou de levarme a cabeza a pensar cunha facilidade pasmosa.
Xa non digamos o ben que presta este son cando se está na camiña quentiño...
PD: A imaxe é unha parede en branco porque para min é o que menos importa neste momento, sen embargo, o son provoca o efecto contrario coas imaxes na nosa cabeza.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)
