domingo, 23 de mayo de 2010

Montaxe final



A montaxe final inclue os 4 clips mais importantes e representativos do tema que escollín. Non botei man da música nin de ningún tipo de efecto porque considero que o tema non da pe a facelo, o que interesa son os sons naturais e ver como se producen.

lunes, 10 de mayo de 2010

Refugallos



O ser humano é un refugallo con patas...

lunes, 3 de mayo de 2010

domingo, 2 de mayo de 2010



A nosa percepción das cousas cambia completamente dependendo de si as vemos ou non... Que é mellor o día ou a noite?

domingo, 25 de abril de 2010

Sensación volcánica truncada



Burbullas, calor, calor, calor e mais calor. A pequena Betty espagueti ollaba o magma volcánico cada vez máis preto aproveitando que toda a familia gozaba das fermosas vistas que alí se divisaban. Cada paso que ela daba convertíase nun sorriso máis esaxerado.
A súa nai dixera ben claro que non se afastara dela, pero aquelas burbullas incandescentes parecían hipnotizala. Mamá espagueti pronto se decatou de que Betty estábase achegando perigosamente a aquel límte prohibido, así que, sen esperar un instante, toda a familia foi na súa procura. O que eles non sabían, era que aquelas burbullas e aquel vapor tiñan a fama de perturbar a mente de todo espagueti que atopase por diante, ninguén que se adentrara alí conseguira voltar con vida para contalo. Betty, sen darse conta, xa caira no engano e, para cando a familia quixo dar marcha atrás, xa era demasiado tarde. O calor infernal, o vapor e as burbullas foron desfacéndoos pouco a pouco lenta e dolorosamente. Aquelas vacacións, que se estaban convertindo nas mellores ata o momento, foron as derradeiras.

domingo, 18 de abril de 2010




Hai algo máis clásico que cantar na ducha? Que é o que che arranca a facelo, a propia auga?. É curioso ver como o simple feito de xirar a billa do auga transforma á xente. Será o vapor da auga que che fai sentir como en "Menudas estrellas" o saíres da ducha?. Non o sabremos nunca...

domingo, 11 de abril de 2010



Sonido curioso y repetitivo cual tic-tac del reloj. Quien diría que esa pastilla está luchando por evitar ese infierno de cuchillos y espinas que es el agua...

Como pastillas efervescentes nos desintegramos. Ellas nos calman a nosotros, pero... ¿Quién las calma a ellas?

jueves, 1 de abril de 2010



Gracias a unha excelente idea que me deu Sarai, vou tratar nos próximos clips, ou nos máximos posibles, de centrarme nos sons que produce o auga e o que estes provocan en nos. Neste caso, boto man dun dos sons que provoca en min maior número de sensacións, a chuvia. Trátase pois dun son que é capaz de cambiar o meu estado de ánimo ó escoitalo ou de levarme a cabeza a pensar cunha facilidade pasmosa.


Xa non digamos o ben que presta este son cando se está na camiña quentiño...


PD: A imaxe é unha parede en branco porque para min é o que menos importa neste momento, sen embargo, o son provoca o efecto contrario coas imaxes na nosa cabeza.

domingo, 21 de marzo de 2010

Ruído ou Música?



Quen é alguén para decirche que o que escoitas é ruído? Cantas veces escoitaría isto na miña vida? "Báixalle volumen ó ruído ese", "Lo que tu escuchas no es música, es ruído", "Menudo escándalo" e un longo etc. A algo que cando o escoitas desperta en ti unha morea de sensacións, emocións e vitalidade como é a música, me parece unha falta de respeto que alguén o trate de ruído.
Con este clip, en relación co anterior de "Música con auga", trato de facer unha clara distinción entre música é ruído para todos aqueles que teñan estes dous termos confusos.

Dedicado con moito cariño a todos aqueles que din que escoito ruído.

lunes, 15 de marzo de 2010

Música con auga



Neste segundo clip trato unha das cousas máis importantes para min, a música. Como o elemento que vai unir os 10 clips é o auga, non podía ser de outro xeito que facer música coa propia auga.

Agradecementos a Santiago Paredes Cruz.

martes, 9 de marzo de 2010



Nos meus clips intentarei expresar o que penso sobre distintos aspectos ou conceptos da vida. Para isto, empregarei sempre, como elemento que una todos os clips, "o auga".

Neste caso, o primeiro clip reflexa o que facemos constantemente nesta sociedade, é dicir, preferimos derrochar ou malgastar algo en nós mesmos, aínda que non o precisamos na maioría dos casos, antes que darllo a outro. Este sería o sentido máis puro ou lóxico deste clip, pero a miña principal "fonte de inspiración" para este clip foron todos aqueles colegas que ao longo da miña "breve pero intensa" carreira musical preferiron gastarse os malditos 3,5 € do Kebap antes que pagar unha mísera entrada por verme a min tocar nos concertos. Destaco frases como "hay que pagar?, entonces non vou!", "3€!!?? se che vai a olla?!, eu paso".

Aquí o deixo caer..