domingo, 25 de abril de 2010
Sensación volcánica truncada
Burbullas, calor, calor, calor e mais calor. A pequena Betty espagueti ollaba o magma volcánico cada vez máis preto aproveitando que toda a familia gozaba das fermosas vistas que alí se divisaban. Cada paso que ela daba convertíase nun sorriso máis esaxerado. A súa nai dixera ben claro que non se afastara dela, pero aquelas burbullas incandescentes parecían hipnotizala. Mamá espagueti pronto se decatou de que Betty estábase achegando perigosamente a aquel límte prohibido, así que, sen esperar un instante, toda a familia foi na súa procura. O que eles non sabían, era que aquelas burbullas e aquel vapor tiñan a fama de perturbar a mente de todo espagueti que atopase por diante, ninguén que se adentrara alí conseguira voltar con vida para contalo. Betty, sen darse conta, xa caira no engano e, para cando a familia quixo dar marcha atrás, xa era demasiado tarde. O calor infernal, o vapor e as burbullas foron desfacéndoos pouco a pouco lenta e dolorosamente. Aquelas vacacións, que se estaban convertindo nas mellores ata o momento, foron as derradeiras.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

Jaja, non sabía eu esa historia eh!
ResponderEliminarGústame a planificación!
Está moi ben o principio, confunde, non se sabe ben o que é!
jajaja q boa a historia!
ResponderEliminarMe hubiese gustado que mantuviese la primera imagen durante más tiempo aunque imagino que eso hubiese significado que estropearías el móbil.
ResponderEliminarMeunda historia!! Millor que te apartases ainda que se chegas a manter a ebullición sería perfecto
ResponderEliminarfamilia espagueti!! NOOOOOOOOOOO!!!
ResponderEliminarsiempre se van los mejores... xD
mola el primer plano porque es lo que dice paula, desconcierta al no saber lo que es!
que sepas que, después de leer lo que pusiste, esperaba encontrarme una betty espagueti de verdad fundiéndose jajaja